GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0196

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/07

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía acadou moita popularidade no tempo recente debido a que a xente cunha boa posición social e económica comezou a vela coma unha arte, máis aló de centrarse na alimentación.

Como non podía ser doutro xeito, a xente influíuse polos que cren que son superiores a eles e comezaron a pensar tamén deste xeito.

A popularidade da cociña e gastronomía podería desaparecer de xeito repentino, tal e como comezou, se a xente se decatase de que os pratos da nouvelle cuisine son unha estafa xa que serven racións moi pequenas e cobran un ollo da cara.

A comida non é arte, aínda que a desfrutemos moito comendo un prato que nos gusta. A comida é alimentación para poder vivir, simplemente. Os chefs modernos cobran demasiado polos míseros pratos que serven.

A mellor comida é a preparada polas nais e avoas, a comida de sempre. Eses pratos sinxelos pero que son os que máis desfrutas e non os que che poñen en restaurantes modernos nos que segundo eles che venden sensacións.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt