GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0204

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/15

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na sociedade actual a nosa condición de persoa desapareceu para dar paso a outra que nos considera desde o primeiro momento como potenciales consumidores de calquera produto que poidamos imaxinar. Así, nun mundo gobernado pola economía, non podemos esperar outro tipo de consideración, pois as directrices veñen marcadas desde a mesma definición: "ciencia que estuda como satisfacer as necesidades das persoas".

É precisamente niso, nas necesidades, no que se centra a maior atención. Ademáis das básicas, que todos debemos cubrir, as empresas dedícanse a crear outras novas, que non son trascendentales para a nosa vida pero que xeran un profundo malestar se non se conseguen. Todo persigue o mesmo obxectivo: facernos consumir.

Pero ademais de consumidores, somos tamén potenciales produtores. Este feito confírmase coa progresiva implantación dunha educación cada vez máis especializada (a niveis baixos) que pretende, máis que crear persoas cunha base de coñecemento xeral que poden centrarse na especialización dunha área determinada na educación superir, crear desde o primeiro momento especialistas en determinado ámbito pero que descoñezan por completo calquera materia que non entre no seu ámbito.

Todo ven determinado pola obrigación que implantan na nosa moral de crear e de gastar diñeiro. Cada vez impulsan con máis forza o obxectivo de absorbernos no sistema para que entremos no circuíto de producir-consumir sen que levantemos a voz.

Queda agora nas mans das novas xeracións loitar a prol da liberdade que nos permita obter un coñecemento xeral abrindo a nosa mente para poder estudar e traballar logo na opción especializada que máis nos guste e concienciados de que o diñeiro non é sempre o primeiro.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt