GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0205

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/16

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día vivimos nunha sociedade puramente consumista. Porén, o consumo non existiria de non ser pola produción, xa que para poder consumir primeiro é necesario producir. Por iso o noso modelo de vida desaparecería se acabase a produción.

A nosa sociedade básase en producir bens para que outro os compre. O autoconsumo prácticamente non existe. Isto implica que se por un determinado motivo a produción cesase non seríamos capaces de subsistir.

Non obstante, a produción tamén depende do consumo. Se o consumo diminúe os productos nun primeiro momento encarécense pero co paso do tempo a produción desaparece debido a que non hai demanda.

Polo tanto, nunha sociedade tan capitalista e consumista como a nosa sería inviable a non existencia da produción e o consumo posto que desempeñan un papel importantísimo na nosa vida. É tan importante que a vida tal e como a coñecemos podería chegar a desaparecer.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt