GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0209

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/20

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día, vivimos nunha sociedade na que o consumo é a base das persoas. Tóda-las persoas consumen e para poder consumir é necesario xerar valor económico, de forma máis concisa, gañar diñeiro.

Case todas ou todos as persoas consumen día tras día, cousas que lles provocan satisfacción, xa sexa unha satisfacción física ou psicolóxica. Nós, vivimos nun mundo totalmente xa globalizado, onde para moita xente o máis importante é poder xerar moito diñeiro para logo tratar de consumir as cousas que mais satisfacción provoquen; . Isto, é unha clara proba do materialismo que sufrimos e a dependencia que temos á hora de consumir.

O consumismo é a base da economía mundial, xa que todo o mundo está obligado a facelo, xa que o simple feito de facer a compra xa indica consumir. Porén, existen distintos tipos de consumo, existe o consumo imprescindible que é aquel que é necesario adquirir como a comida, roupa ou demais elementos de primeira necesidade. Pero tamén existe ese consumo que a única función é a satisfacción, como adquirir elementos e tecnoloxía de última xeración, ou simplemente aqueles que se realmente necesitamos.

O consumismo e a produtividade polo tanto son duas das cousas máis importantes nas nosas vidas. A globalización e internalización, provoca aínda mais un maior consumismo, adquirindo bens doutros países, que nós mesmos poderíamos fabricar. Cómpre dicir que, o día que non exista o consumismo (e como consecuencia a productividade) tampouco existirá o ser humano.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra