GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0213

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/24

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

De entrada, o concepto de produción e consumo pode parecer sinxelo, a produción debe superar ao consumo, pero non excesivamente, para evitar o desperdicio de materias primas e traballo. Pero o sistema no que vivimos engade unha importante cantidade de complexidades á economía. Unha delas é a plantexada neste texto, pola cal a produción precisa do consumo cna mesma medida que o consumo da produción.

O dilema da xestión de consumo e produción foi o que levou, entre outras cousas, á creación do grande abanico de sistemas económicos existentes, pero polo xeral divídense en esquerdas e dereitas, malia á dificultade á hora de clasificar algúns en particular.

As propostas da dereita tenden a conceder maior liberdade ao sector privado, o que permite unha maior liberdade económica, pero xera desigualdade entre distintos grupos de xente.

Pola contra, as propostas de esquerda reducen as diferenzas entre ricos e pobres, mediante unha maior intervención do estado na economía, que reduce a liberdade económica.

O caso plantexado no texto é consecuencia da aplicación de politicas liberais. O ciclo descrito, de non intervir o estado, levaría a baixada dos prezos pero tamén do poder adquisitivo dos traballadores, aumentando a desigualdade destes cos empresarios.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt