GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0214

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/25

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A p A sociedade actual baséase no capitalismo e nas suas consecuencias, como por exemplo o consumo como motor da economía e a publicidade como medio para acadalo.

A produción está estruturada en cadeas que involucran a un gran número de sectores: industrial, agrario, servizos e o tecnolóxico que representa un complemento para auxiliar ó mecanismo xeral. As manufacturas e produtos artesanais trocáronse en enormes complexos fabris os máis deles altamente cualificados tecnoloxicamente. A "segunda revolucion industrial" como a cualifican alguns autores fai patente o grado de hexemonia do imperialismo yankee en todo o mundo. Estas fábricas pertencentes a empresas privadas que adoitan estar baixo o dominio das grandes multinacionais que se reparten o pastel dos beneficios económicos, instaurarn as súas fábricas en paises en desenvolvemento ou no mal chamado terceiro mundo. O que buscan é reducir custos de produción aforrando en terreo e garantias ambientais sostibles; asi como tamén evitar prover dos ós seus traballadores dun soldo digno e dunhas condicións laborais adecuadas. Pero todo isto é necesario para crear beneficios que son a base de todo o sistema. Nun produtos aparecen intrinsecas un conxunto de ganancias a cada chanzo polo que pasan. O consumo exsixe varias cousas, como a creación de necesidade no consumidor, a integración nas modas e a obsolescencia programada. O vehículo de transmisión de estas ideas á poboación é a publicidade.

É tanto materialismo necesario realmente para vivir? Non o creo, xa que conleva a perda de características da sociedade tradicional que baixo o meu punto de vista deberíanse manter; tales como disfrutar das emocións, fomentar a imaxinación e orixinalidade (totalmente oposto ó modelo "fotocopiadora" da sociedade actual, xa dende a educación) e demais.

Cada individuo debe valorar se considera máis importante un móvil ou as mensaxes que lle envía o seu namorado expresando todo o que sinte por éla. As mensaxes non precisan de produtos para ser transmitidas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt