GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0215

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/26

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaConsumo e produción
Número de palabras254
Número de lemas118
Densidade léxica46
Número de enunciados9
Media de palabras por enunciado28.22
Número de palabras do enunciado máis longo43
Número de palabras do enunciado máis curto10
Número de parágrafos5
Media de enunciados por parágrafo1.80

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

No mundo no que vivimos hoxe, é fundamental a lei da oferta e a demanda e, polo tanto, as relacións de consumición e produción que se establecen dentro do noso sistema económico. Isto debido a que vivimos nun mundo dominado polo liberalismo económico, un sistema que outorga gran liberdade ás empresas e que se rixe pola lei de compra e venda.

Como xa dixen, as empresas posúen unha ampla liberdade á hora de realizar as súas accións e de produciur as súas mercancías, o que ás veces lles outorgan gran peso a todos os niveis dentro da sociedade. Tendo en conta esta gran liberdade, e non habendo case ningunha intervención por parte do eEstado que regule os procesos económicos, é fundamental que nós, como produtores e consumidores, sexamos sxente intelixente e concienciada.

Como di Luís Sucasas, somos produtores gran parte da nosa videa e consumidores aínda por máis tempo, polo que debemos pensar en como as nosas accións afectan á xente que hai tras os produtos e en que podemos facer para mellorar certas situacións.

Eu, persoalmente, tamén considero que non todo o mundo ten tempo de informarse acerca de aquielo que está a mercar e non pode informarse estar atoparse debidamente concienciado de certas situacións. Por esisto eu avogaría por unha maior intervención dos organismos do Estado nas empresas, para así garantir certos dereitos dos traballadores e asegurarse de que se respetan certas leis.

Conclusión: é importantís moi importante ser un bo consumidor e produtor. Atópome moi de acordo en certos aspectos coa opinión de Luís Sucasas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt