Hoxe en día a está de moda falar sobre os novos accesorios
de marca que un compra cada día que vai de compras. Pero esas
persoas que mercan estes produtos, obxectos, máquinas ou
complementos carísimos e innecesarios para sentirse ben con un
mesmo, non saben que están fomentando o consumismo, un exercicio
moi perigoso para a sociedade e para o mundo en xeral.
En primeiro lugar, débese dicir que a fabricación destes produtos
prestixiosos se leva a cabo en países tercermundistas como
Irák, Irán, Taiwán ou a India, nos que grupos de homes, mulleres
e nenos son obrigados construír empregando materiais tóxicos esteses
obxectos. Eles non o fan porque queren, senón porque necesitan os
poucos cartos que lles dan a cambio desa labor baixo unhas
circunstancias infrahumanas. E qePor iso, o costumistoo consumismo está incremen
tando as diferenzas entre paises desenvolvidos e os paises en
desenvolvemento.
En segundo lugar, a fabricación de tantas cousas innecesarias ten
unha grande pegada ecolóxica, non soamente polos vapores vapores emitidos
nas fábricas ou as substancias químicas, senón que estes
produtos (a maior parte deles plásticos) non son biodegradables.
Debido a isto, tardan miles de anos en ser procesados, polo
que o seu almacenamento está causando graves problemas,
como a illa de plástico que frota no Océano Pacífico.
En definitiva, a xente vai seguir comprando sen escrúpulos,
gastando grandes cantidades de cartos (que poderían ser utilizados
para cousas máis xustas) e facéndoo soamente para aparentar dunha
clase máis máis alta ou para encher un baleiro existencial , pero . Pero o ser humano aiínda ten que aprender que ese baleiro ten
que ser enchido con sabedoría e amizade, non con plástico.