GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0220

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/31

Comisión Delegada06
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O consumismo e a produtividade dominan a nosa vida. Atopámonos con anuncios de coches, televisións, roupa... por todos os lados (rúas, paradas de bus, autoestradas, internet). A nosa sociedade está orientada cara a compra compulsiva de cousas que na meirande parte dos casos non precisamos. E o que é peor, canto máis barato sexa , máis entra polo ollo, sen importar de onde veña e as condicións laborais dos que o fixeron.

A nosa sociedade basease en comprar, tirar e volver comprar, nun consumismo exacerbado. É importante tamén a involucración dos medios de comunicación nos nosos hábitos de consumo., a través, sobre todo, da publicidade. Somos incitados continuamente a estar mercando, especialmente coa roupa. Por exemplo, unha camiseta de hai dúas tempadas xa está vella, independentemente do seu estado, e polo tanto hai que mercar outra. Tamén é preciso que o nivel de consumo na nosa sociedade ten unhas terribéis consecuencias no medio ambiente (fume das fábricas, tintes das roupas...).

Por outra banda, a produtividade tamén é algo esencial nas nosas vidas. No traballo, na escola... dísenos que hai que ser produtivos. Tamén di eso a Unión Europea e mais o fon Fondo Monetario Internacional. A cousa é producir o máximo co custo mínimo. O resto, ás veces, parece que da igual.

En definitiva, como consecuencia de vivir nunha economía capitalista cada vez máis salvaxe, a nosa vida cada vez está máis dominada polo consumismo e pola produtividade.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt