GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0242

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/08

Comisión Delegada07
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Dende hai poucas décadas, a gastronomía acadou unha grande importancia nas nosas vidas, chegando a ser un gran reclamo turístico dalgúns territorios. Isto pode ser debido, en parte, á concepción que temos hoxe en día de que podemos condsiderar arte e que non. Esta concepción levou ao cada vez máis popular minimalismo da arte, minimalismo que afectoulle tamén á gastronomía.

Cando pensamos en gastronomía moderna o primeiro que imaxinamos é un prato con pouca comida e moitos ingredientes tras del, sen embargo, isto choca coa concepción que temos da gastronomía cultural. Cando imos visitar calquera cidade ou país unha das cousas que máis nos chama á atención é a súa gastronomía, e se pode enchernos para satisfacer a nosa fame.

Esta é unha concepción que choca co minimalismo da gastronomía moderna, a cal pode ter moitos ingredientes difíciles de atopar, pero case nunca nos chega e, en moitos casos, queremos comer máis.

Persoalmente , o esencial que debe ter un bo plato de cociña é que lle chegue e lle resulte saboroso ao consumidor. A gastronomía moderna pode resultar saborosa, pero, debido á sua escaseza no prato, non consegue enchernos.

Entón, pode abrirse o debate de se a cociña é ou non é arte, dado que a cociña que é considerada arte (a gastronomía moderna) ten moi pouca duración nos nosos paladares, mentres que a outra gastronomía non pode resultar tan bela estilisticamente pero pode resultarnos bela nos nosos paladares.

En conclusión, para que un prato de cociña resulte "belo", deben xuntarse os mellores aspectos de ambos os dous tipos de gastronomía: a beleza visual da gastronomía moderna e a beleza gustativa da gastronomía popular.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt