GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0247

ABAU/2016-2017/CD07/xuño/13

Comisión Delegada07
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos a gastronomía acadou un gran auxe, debido ás grandes innovacións dos cociñeiros, os cales se están a reinventar con pratos moi elaborados e minimalistas. Isto fai que moita xente queira probar os novos sabores e texturas, a pesar de que estes pratos sean dunhas dimensións ínfimas e o coste sexa moi elevado para o consumidor. Non todo o mundo se pode permitir pagar unha elevada cantidade por unha comida que non te vai fartar.

Grazas a esta revolución gastronómica son numerosos os cociñeiros famosos no panorama internacional, nesta profesión antigamente arraigada ás mulleres, nestes momentos é máis común ver homes entre fogóns, polo que a balanza de sexos neste sector nestes intres está equilibrada.

Cabe destacar que esta parece ser unha moda pasaxeira, pois debido á crise, os recortes e os ínfimos soldos o nivel de vida está baixando drasticamente polo que chegará un punto no que a meirande parte dos que agora despilfaran indo a comer a restaurantes moi populares habitualmente cando en realidade a súa economía é pouco escasa, como a de case todos, é o fan por aparentar. Con todo isto non está mal o auxe gastronómico nin probar cousas novas, pero non se pode gastar diñeiro nalgo innecesario cando hai tanta pobreza, pois é unha vergonza que por exemplo unha persoa que vive nun país desenvolvido gaste miles de euros en comida que ó final non lle vai chegar pois a cantidade é pouca, e outra persoa con menos sorte que reside nun país subdesenvolvido non teña nin un euro para comprar algo que levar á boca.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra