GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0299

ABAU/2016-2017/CD08/xuño/19

Comisión Delegada08
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A cociña é un deses labores que levan nos nosos fogares dende que somos ben cativos e que permanecerán na nosa vida durante moito tempo, pois agora ademais de ser algo tradicional é a última moda.

Parece incríble pero a día de hoxe ter o mellor pantalón da nova colección dunha gran marca é menos ou igual de moderno que ir cear ao mellor restaurante da cidade, ou polo menos que quede ben a foto da comida no perfil de Instagram porque esa é outra parece que ás veces a comida é mais aprezada pola vista que pola boca cumpríndose así o dito de que se come polos ollos. Outra forma de detectar que a cociña é a última moda e ver a tele un día calqueira xa que aparecerán unha multitude de programas deste tipo no que aparecen cociñeiros "novatos" facendo pratos dignos de admirar.

En canto as causas desta moda, eu opino que para a maioría comer é un pracer así que se o podes facer é ser o máis "guay" do teu grupo de amigos mellor. Ademais estamos nun momento innovador no que comeza a probarse a comida exótica e diferentes tipos de cociña polo que isto soe chamar a atención da xente.

Pero como todas as modas, pasan para despois volver. O máis probable é que dentro duns anos colgasr fotos do que tes pensado cear esa noite sexa ridículo, igual que ver programas deste tipo.

En conclusión, a moda da cociña é unha moda máis que coma todas pasará pero a veda aínda así a día de hoxe esta moi presente.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt