GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0303

ABAU/2016-2017/CD08/xuño/23

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada08
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras318
Número de lemas157
Densidade léxica49
Número de enunciados15
Media de palabras por enunciado21.20
Número de palabras do enunciado máis longo41
Número de palabras do enunciado máis curto10
Número de parágrafos4
Media de enunciados por parágrafo3.75

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día, son moitos os restaurantes modernos e de cociña novidosa que se poden atopar nas rúas das principais cidades. Parece que estamos a cambiar a cociña tradicional por outras formas máis actuais e innovadoras que en realidade son unha moda pasaxeira fomentada polos medios de comunicación.

Na miña opinión, o feito de que a cociña moderna estea a acadar tal difusión débese ao xurdimento de novos programas e "reality shows" na televisión. Cando estás na casa vendo "Master Chef", é inevitable non sentir gañas de parecerte ó novo gañador do concurso. Os pratos novidosos e vistosos que presentan ante os xuíces son un estímulo para os espectadores, que mercan entón o derradeiro libro de cociña e se dispoñen a crear ditas innovacións, cando moitas veces non saben máis que facer unha tortilla. Porén, cando estes programas sexan substituídos por outros, os espectadores tratarán de copiar a actividade nova que se mostra na televisión e deixarán de lado a cociña e unha estantería repleta de receitas.

Por outra banda, penso que a nova cociña moderna non ten moito futuro. Os novos pratos céntranse principalmente na imaxe, na apariencia externa e na mestura de ingredientes exóticos aparentemente incompatibles. Porén, se de verdade queres comer ben nun restaurante minimalista xa podes pedir seis pratos. Por moi vistosas que sexan estas creacións, aportan pouco nutritivamente. Esta cociña minimalista nunca poderá substituír á tradicional laconada e bica das avoas coas que quedas satisfeito para unha semana enteira. Día a día é imposible sobrevivir comendo pratos tan escasos, a pesar da imaxe que queren ofrecer estes restaurantes que parece que serven comida para un neno de tres anos.

É por todo isto que semella evidente que a cociña moderna irá esmorecendo pouco a pouco. É unha simple moda, fruto do poder que teñen os medios de comunicación sobre un público tremendamente influenciable. Está claro que as modas pasan, pero a fame non.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt