GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0312

ABAU/2016-2017/CD08/xuño/32

Comisión Delegada08
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na actualidade o tema da produción e o consumo están á orde do día. Non obstante, esta situación xurdiu xa nos inicios da Revolución industrial, que introduciu unha ideoloxía e un sistema innovadores.

O consumismo é xa para nós unha propiedade intrínseca que alimentamos día a día, sen ser conscientes, ou sen querer selo, de que nos está comendo por dentro.

As diferentes entidades e empresas pelexan ferozmente por ser as mellores e por alcanzar as maiores ganancias, sen reparar nos medios nin nas consecuencias. O importante para eles é o simple beneficio, para eles os prexuízos e enganos son banais.

Mentres tanto, a sociedade empodera cada vez máis este problema, consumindo sen parar e incluso demandando máis.

Ademais, Os danos non son morais ou psicolóxicos, xa que os nosos petos tamén se resinten ante a nosa despreocupación.

Non obstante, a solución non está no "mercar cousas baratas" ou no "hoxe non merco máis". O único que pode remediar a nosa obsesión co consumo e a produción é unha boa educación que nos ensine a valorar outros aspectos máis importantes da vida.

En conclusión, o consumismo e a produtividade son dous monstros que se benefician o un ao outro, non deixemos que nos coman, nos deixemos que nos consuman.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt