GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0338

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/11

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía sempre foi por unha parte indispensable das nosas culturas, un interese compartido coa meirande parte da poboación. Por iso non é de extrañar que, co aumento do nivel de vida e a globalización, a cociña sexa xa un negocio en auxe.

As tendencias da gastronomía actual son moi variadas: tradicional, noveau cuisine, comida estranxeira, a tan temida fast food... Todas ofrecen as súas vantaxes e os seus inconvintes.

As causas da súa alza son diversas. En primeiro lugar, o cambio de hábitos na sociedade levou a pérdida do costume de comer en familia. A maioría dos traballadores contan con descansos reducidos para facer o xantar, polo que volver a casa é unha opción incómoda. Os restaurantes, polo tanto, preséntanse como a mellor opción.

Comer acadou tamén o estatus de "actividade de ocio", pois ao seu redor xiran a maioría dos eventos sociais. Desta forma, as quedadas cos amigos realízanse cenando e os cumpleañnos celébranse invitando a comer.

Por último, cabe destacar que a nouveau cuisine supuxo unha revolución no mundo culinario. A comida xa non é unha necesidade primaria do ser humano, senón un medio a través do cal expresar arte: sensacións, texturas... Os restaurantes de luxo que poden presumir das famosas estrelas Michelín convertéronse en toda unha atracción turística.

O auxe é, polo tanto, resultado de cambios nos hábitos da vida cotiá e nformas de concebir a vida, o que probablemente significa que esta sea unha tendencia que chega para quedarse.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt