GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0361

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/34

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente vivimos nunha sociedade baseada no consumo. Moitas veces mercamos cousas que realmente non precisamos. Este feito ten as súas partes positivas e as súas partes negativas.

Por unha banda, pode resultar beneficioso xa que podemos ter máis variedade de produtos e moitas veces os podemos conseguir a un prezo moi asequible e moi fácil.

Por outra banda, o consumismo e a produtividade en exceso non é boa, xa que causas moitísimos danos no medioambiente polos vertidos aos ríos, os gases das chimeas das fábricas... Este factor aínda se agrava máis se non se toman medidas que sean responsables co medioambiente.

Desfavorece aos países en vías de desarrollo debido a que a maioría das materias primas se toman de alí para o beneficio dos países desenvolvidos.

Gastamos máis diñeiro do que realmente precisamos, sobre todo comprando artigos de marca. As marcas coñecidas, aproveitanse de iso, de ser unha marca coñecida e por iso encarecen o seu prezo cando a calidade pode ser igual ou peor cun produto de "marca branca".

En resumo, poderiamos gastar moitiísimo menos mercando os artigos que necesitamos e deixando de derrochar, así poderiamos conseguir un mundo moito máis sostible en todos os aspectos (social, ambiental e económico) e se favorecería aos países en vías de desarrollo.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt