GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0362

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/35

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente a maioría dos países adoptamos un modelo económico capitalista, polo que todas as accións da sociedade e das nacións van encamiñadas ao producir productos bens materiais para obter beneficios monetarios.

Así mesmo a posesión de capital está asociada ao poder, polo que todo se converte nunha loita polo control. e á adquisición de bens necesarios como a comida ou a vivenda.

Aumentando o número de persoas tamén aumenta o número de posibles clientes, mais á súa vez a competencia pola ganancia; é un bucle que precisa alimentarse continuamente, sendo necesario vender pero tamén comprar para que outros se beneficien e poidan facer o mesmo.

Sen consumición a produción queda obsoleta, e todos os esforzos invertidos son perdas que evitan que os perxudicados poidan "alimentar" a outros mercados.

De xeito que, para que este modelo sexa levado ben e de proveito, debe haber unha correspondencia entre o que consumes e o que ofreces ao mercado, sobretodo a nivel local, dado que son os consumidores máis cercanos; o único que se fai mercado produtos foráneos é enriquecer multinacionais e entregar o capital (e polo tanto o poder) a outros países, en detrimento do propio.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt