GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0364

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/37

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Dende o momento que nacemos ata o noso último sopro, vivimos nunha sociedade consumista. Pasámonos todo o día mercando e vendendo produtos, pero, que importancia ten este feito?

Pois ben, ademáis do ben que nos sentimos moitas veces ao mercar certo tipo de cousas, como poden ser cosméticos ou mesmo roupa, estamos a xerar postos de traballo, porque é preciso xente que fabrique todos estes produtos, que aínda que en moitos casos intervén maquinaria, tamén se precisan persoas que a controlen.

Na actualidade, a pesar de todas as crises que se produciron no pasado, a economía estase a recuperar, o feito de ter unha boa economía permite crear unha sociedade de consumo. Xa non é preciso que nos preocupemos tanto de como obter alimento, senón que agora as nosas preocupacións son distintas. Agora pensamos máis no destino das nosas vacacións ou mesmo en ter o último móbil que saíu ao mercado, cousas que moitos anos atrás eran impensables.

Pero o feito de ter unha sociedade tan consumista non é bo, hai moita xente que non ten diñeiro para poder mercar todas as cousas de última moda, isto sobretodo ten un efecto negativo sobre os nenos, xa que moitos deles sofren discriminación porque os seus pais non se poden permitir productos tan caros.

Para rematar, eu penso que é positivo ter unha sociedade de consumo que cree postos de traballo, pero moitas veces esta sociedade causa que as persoas prestemos mais atención ás cousas materiais en vez de aos demáis.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra