GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0370

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/01

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos, a concepción da cociña cambiou ampliamente, dende a simple preparación de alimentos para comelos ata un concepto próximo á arte. Esta revolución do ambiente culinario provocou a desaprobación nalgúns e a aceptación por parte doutros (entre os que me inclúo eu).

Orixinalmente, a cociña tiña a simple función de alimentarnos. Porén, coma noutros aspectos da nosa vida, fixémola evolucionar para que no canto de consistir na simple satisfacción dunha necesidade primaria fose un goce para os sentidos.

Deste modo, as súas causas son moi diversas: o aumento de poder adquisitivo da poboación, a mellora das relacións internacionais entre países (que permite a importación de produtos exóticos), o afán de renovación, o desexo de transformar a tradición gastronómica en arte... Porén, penso que o principal factor no caso galego e español foi o turismo. O noso país é un dos maiores receptores de turistas do mundo e nisto a gastronomía xoga un importante papel, non para mellorar a estancia dos turistas mentres están aqui, senón que a nosa longa tradición tamén funciona como un factor de reclamo en .

Persoalmente, opino que este tipo de cociña creativa está aqui para quedarse, non pola aficion que ten, senón que tamén polo gran beneficio económico que xera e o impacto positivo que ten na nosa sociedade.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt