GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0375

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/06

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos a gastronomía e a cociña acadaron niveis de importancia e popularidade realmente altos.

Este fenómeno está a conseguir que os antigos cociñeiros de épocas anteriores, desprestixiados e sen ningún recoñecemento, sexan agora os gastrónomos, os artistas dasa cociña.

E

É moi probable que o recoñecemento que realmente merecen se achegue máis ao extremo que xorde nas últimas décadas. Non obstante, a moda de maior actualidade recibe o nome de minimalismo: un movemento culinario que consiste en chear soamente o centro do prato e esixir un prezo que podería ser equivalente ao de dous cocidos galegos.

Non cabe ningunha dúbida que de que para chegar ao éxito no mundo da cociña son necesarias horas de esforzo, traballo e disciplina, pero tamén é posible que unha vez acadado o éxito o esforzo se volva "mínimo". Aínda así, todo profesional que expón o seu traballo e a súa pasión de cara ao público é digno de recoñecemento e admiración, porque do que podemos estar seguros é que o seu camiño non foi fácil.

En conclusión, estará por ver se o auxe da cociña se queda en moda pasaxeira ou é produto da nosa evolución e intelixencia cultural, pero de seguro que estes profesionais merecen o seu "minuto de gloria".


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt