GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0384

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/15

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos, estánse a producir unha serie de cambios en relación ao mundo do consumo e a produción que están afectando de forma profunda a nosa sociedade., levándoa a ter unha certa dependencia dos denominados bens de consumo.

Tradicionalmente, as persoas únicamente podíanse permitir comprar aquilo que era necesario, a no ser, claro está, que se gozase dun alto nivel de vida. Pero co paso dos anos, o desenvolvemento do país, así como a aparición de revolucións e novidades relacionadas co ámbito económico, deron lugar a unha serie de cambios que se poden traducir nun incremento do nivel de vida da xente. Como consecuencia destes cambios, modifícase tamén a mentalidade da sociedade, o que provoca unha alteración do mercado que busca adaptarse a demanda dos seus consumidores. As consecuencias deste proceso son a aparición dun novo tipo de empresas que buscan o beneficio a través da producción masiva a baixo coste. O obxectivo non é outro que facer fronte á competencia a través de productos máis baratos e de maior calidade. A consecución destes obxectivos implica ter unha gran productividade, o que provoca tamén unha serie de consecuencias que poden afectar ao nivel de vida dos traballadores. Tendo en conta isto, estánse a producir fenómenos como a deslocalización industrial, que consiste na implantación de fábricas e empresas en países subdesenvolvidos, onde os baixos salarios e as longas xornadas de traballo están a orde do día. Estoe feito non so supoñe polémicas como a explotación (un claro exemplo é o de Inditex) senón que ademáis provoca una perda de postos de traballo nos países de destino, dando lugar a situacións como o paro ou a emigración. A parte, é preciso engadir tamén a perda de eimportancia das formas de producción tradicionais (sector leiteiro en Galicia) xa que non poden facer fronte ás grandes multinacionais que dominan o mercado.

En definitiva, é preciso comezar a tomar conciencia sobre o futuro e as posibles consecuencias destes hábitos, e tratar de solucionalos pensando non nos beneficios senón tamén nas persoas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt