GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0390

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/21

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O consumismo e a produción.

O consumo e a produción son dous termos que engloban moito e que son moi importantes nos nosos días. Practicamente todo o que facemos día a día implica unha produción e un consumo. Cando facemos a compra, cando imos comer a un restaurante, cando vamos ao ximnasio, etc. Todo son formas de consumir tanto productos como servizos.

Actualmente hai un grave problema, mercamos por mercar, é dicir, mercamos cousas polo simple feito de que está de moda, de que o ten moita xente ou mesmo porque sae anunciado na televisión. O mundo cambiou moito dende antano onde as nosas avoas agás mercaban o que necesitaban e en pequenas cantidades. É certo que tamén modificouse o nivel económico das familias. Este desenvolvemento xerou principalmente o mal uso do diñeiro, os vicios, etc. Xerou un mundo que xira ao redor do diñeiro, ao redor do consumo. Isto abrangue todos os ámbitos, por exemplo: o que teña moito diñeiro poderá gozar dunha sanidade con mellores aparatos tecnolóxicos ou incluso poderá estudar a carreira que queira.

Outro tema moi importante é como se mostra no texto, as marcas,. Marcas que teñen un gran prestixio e o seu marketing basease en deportistas profesionais como os futbolistas empregando o seu produto. Isto xera en nós un desexo de posuír ese producto, de sentirnos un futbolista máis e entón, o mercamos. Son estos productos de marca de mellor calidade que os outros? A maioría das veces non, simplemente teñen un prestixio e iso provoca o noso desexo de consumilo. Realmente non nos damos de conta que utilizando marcas menos coñecidas ou marcas "brancas" poderíamos aforrar moito diñeiro e así por exemplo ir de vacacións.

Polo que, debemos de concienciarnos do diñeiro que gastamos e sobre todo en que o gastamos. Mercar cousas necesarias e por suposto ter algún que outro capricho pero sen excederse.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt