GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0392

ABAU/2016-2017/CD10/xuño/23

Comisión Delegada10
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O ser humano, actualmente, ríxese polo diñeiro. Vivimos nunha sociedade cada vez máis consumista. O avance das novas tecnoloxías, das grandes empresas como Inditex... O aumento de producción incrementou as nosas ansias de consumir. Máis roupa, o último Iphone, o bolso máis caro da tenda. Sempre queremos máis e dificilmente chegaremos a estar satisfeitos.

Para o lado productor, isto non trae máis que beneficios. Mais, realmente, este aumento de productividade elévase a un ritmo que nos costa seguir. Os soldos non suben coa mesma rapidez que os prezos. E o problema chega cando antepoñemos comprar o último e máis caro smartphone no mercado a chegar holgadamente a finais de mes.

Vivimos nunha sociedade polarizada, onde os ricos son moi ricos e os pobres, moi pobres. As diferenzas de ingresos asustarían a maioría. E tentar vivir nun nivel que non podemos manter pode resultar agotador.

Chegamos a un punto de soberbia tal que, se esa moza non viste de determinada maneira ou non ten un móbil específico, será o punto de tiro da diana. Xulgamos ás persoas polo seu poder adquisitivo, pola roupa que leva, polo coche que conduce o seu pai. Por que negar que ves más atractivo o rapaz que conduce un Mercedes que o que leva unha furgoneta Chevrolet, non se axustaría a realidade.

O diñeiro condiciona a nosa vida a todos os niveis. E isto non presenta trazas de cambiar.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt