GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0412

ABAU/2016-2017/CD11/xuño/20

Comisión Delegada11
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É obvio que nos últimos tempos a gastronomía púxose moi de moda e que moita xente se está a subir ao carro desta nova experiencia de ser pinche e mesmo cociñeiro, sen deixar de lado a toda aquela xente que se dedica a ser gastrónoma e probar toda aquela comida que lle é allea.

Algo que axuda á cultura dunha zona é a gastronomía sen dúbida; os pratos típicos dun lugar, a súa forma de preparalos, os productos naturais da zona. Sen dúbida Son moi importantes tamén cando falamos de tradición e de cultura. Nos últimos tempos e respaldados por distintos programas de televisión, vemos un auxe claro de esta faceta da vida. É unha moda que terminará por acabar pero é unha experiencia do máis enriquecedora o coñecer e probar os pratos típicos de distintos lugares, así como chegar incluso a saber preparalos dun modo tradicional.

Ás veces é irónico como nos chama a atención algo cotidiano que levamos visto tantas e tantas veces ás nosas nais e avoas, como é o preparar comida con amor e sobretodo con tradición. Supoño que todo é máis bonito cando o vemos a traves da pantalla do televisor ou mesmo unha foto subida a unha rede social, así funciona a mente humana, sempre tan enigmática... O caso é que grazas a esta moda a xente comeza a coñecer culturas que antes nin oira falar delas e entre elas a galega por suposto.

Esta será unha moda que terminará antes ou despois, pero penso que sirve para enriquecer sobremaneira e que algo sempre quedará. Ojalá todas as modas fóran así de boas para un e sobretodo para a cultura


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra