GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0425

ABAU/2016-2017/CD11/xuño/33

Comisión Delegada11
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A nosa vida actual está condicionada polo consumismo e a productividade. A evolución progresiva dos modelos económicos achegounos ao capitalismo, sistema moderno que vén marcado precisamente polo consumo e a produción.

Por unha parte, é imprescindible o consumismo nunha sociedade. Precisamos consumir para sobrevivir, ben sexa mercando unha vivenda na que vivir ou mercando produtos necesarios do día a día, como alimentos ou bebidas.

Sen embargo, é certo que na actualidade cada vez consumimos máis que antes e isto débese en maior medida aos avances tecnolóxicos, que cada vez hai máis produción de cousas innovadoras, e polo tanto máis consumismo xa que á xente lles chama a atención eses produtos novos.

Por outra parte, o feito de que as persoas teñan tempo de lecer propicia que merquen novas tecnoloxías como ordenadores ou mesmo videoconsolas para entreterse, que cada vez son máis modernas pero á vez máis caras. Ademais, o auxe dos teléfonos vbiles cada vez con máis utilidades tamén deu lugar a un incremento do consumismo.

Polo tanto, pódese concluír que a importancia do consumo e a produción na actualidade é grande, xa que se realmente nos estamos volvendo máis consumistas, a produción tamén medrará para evitar o vacío do stock. É unha cadea e o aumento dun, propiciará o aumento do outro, ademais de que unha sociedade precisa consumir para subsistir.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt