GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0443

ABAU/2016-2017/CD12/xuño/18

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada12
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaConsumo e produción
Número de palabras238
Número de lemas124
Densidade léxica52
Número de enunciados15
Media de palabras por enunciado15.87
Número de palabras do enunciado máis longo33
Número de palabras do enunciado máis curto7
Número de parágrafos4
Media de enunciados por parágrafo3.75

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

No día a día dunha persoa tanto o consumismo como a produtividade son importantes. Son dous antónimos complementarios, que quere dicir isto? Pois que para que merquemos un produto, é dicir, o consumamos, ten que haber un previo proceso de produción.

No proceso de produción dunha prenda de roupa ou dun alimento póñense en práctica os coñecementos que se teñen. Todo parece moi sinxelo: o dono dunha fábrica contrata a alguén para que desenvolva o seu traballo a cambio dun soldo. A realidade é outra, grandes multinacionais explotan a nenos e a mulleres para a fabricación de produtos a cambio dunhas miseras compensacións. Mulleres que son violadas, maltratadas, nenos que traballan todo o día... Nos medios de comunicación aparecen e publícanse casos coma estes todos os días. Debería de haber un control máis serio e castigos máis estrictos.

Por outro lado, cada un de nos debería impulsar máis a compra de produtos da terra. Desta forma o diñeiro recaerá na nosa economía e polo tanto en beneficio noso. Temos que consumir si, pero sen abusar. Alimentos para o día a dia, roupa e todos aqueles produtos de primeira necesidade. Porén o sobreconsumo, ese diñeiro que moitas veces empregamos para comprar un pantalón por simple gusto debería de estar destinado cara outros sectores, organizacións por exemplo destinadas á a solucionar a pobreza en África.

En conclusión, todo está ben feito na súa xusta medida, producir e comprar tendo uns límites.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt