GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0447

ABAU/2016-2017/CD12/xuño/22

Comisión Delegada12
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Cada día que pasa, convertémonos máis e máis nunha sociedade consumista, é dicir, unha sociedade baseada na compra masiva de obxectos.

Mais, iso non é outra cousa máis ca conse unha consecuencia do capitalismo. Hoxe en día, mercamos aparellos que non necesitamos, "por mercar". Cando saen unhas zapatillas de moda, todos a mercar esas zapatillas, cando sae un novo modelo de teléfono móbil, todos detrás del. E o maior exemplo que se me ocurre é a actual moda do "speaner", un aparello que non ten utilidade ningunha, da voltas. Mais, a publicidade nas redes sociais disparou a súa venta. Consecuencia? Son a única das miñas amigas que non ten un. Cando lles preguntei por que o mercaran, ningunha me soubo responder. Mais eu sei a resposta: por moda. E am moda, non é máis ca unha representación do consumismo, e da sociedade que estamos a crear.

Comparemos a situación actual, caoa dos nosos avós ou bisavós. Vivían nunha Galiza na cal a implantación do capitalismo resultou verdadeiramente complexa, como consecuencia do sistema rural de autoconsumo arraigado na sociedade. Na Durante aquela época, producíase para o consumo da casa, e se sobrava, levábase vendíase nas feiras e nos mercados. Agora, é todo ao revés. Prodúcese para vender, unica e exclusivamente. O traballador non é máis ca úunha parte da produción, coma se fose unha máquina máis dunha industria. Non ve o froito do seu traballo, ese traballo realizado non é para el, é para o patrón.

A miña pregunta é: cCal é a mellor opción? A que asociamos coa modernidade e o progreso, que fai que milleiros de persoas morran de fame ou estean explotados, ou a que fai que o traballador/a se realice no traballo e se poda autoabastecer, sen causarlle a fame ou a explotación a ninguén (en todo caso, é un sistema que axuda aos demais)?

Para min, a resposta é clara.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt