GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0459

ABAU/2016-2017/CD12/xuño/34

Comisión Delegada12
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na sociedade na que vivimos, co paso dos anos cobrou unha gran importancia o materialismo que teñen as persoas.

Dáselle moita importancia ao mero feito de ter moitos bens, e presómese por isto.

Estes pensamentos crean unha sociedade de consumo, hai incluso persoas que son máis felices por mercar uns zapatos ou un bolso.

A pesar deste gran consumismo, a productividade é moi elevada, tanto, que a pesar de que a xente merque en moitas cantidades, non é capaz de consumir todo o producido.

Grandes empresas teñen como único propósito medrar de maneira internacional, sen importarlles nada máis, é así como explotan a rapaces e rapazas, homes e mulleres, en países subdesenvoltos, cunhas condicións de traballo infrahumanas, uns salarios os cales apenas lles permiten sobrevivir, e ningunha clase de dereito laboral.

Todo isto provocado polos intereses duns poucos beneficiados, que explotando a unha gran cantidade de persoas, poden satisfacer as "necesidades" dos demais.

Dito esto, penso que hai que darlle importancia ás cousas que si que son importantes na vida, non ser egoísta e, ante todo, axudar aos demais.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt