GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0498

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/33

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada13
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaConsumo e produción
Número de palabras197
Número de lemas111
Densidade léxica56
Número de enunciados7
Media de palabras por enunciado28.14
Número de palabras do enunciado máis longo49
Número de palabras do enunciado máis curto13
Número de parágrafos5
Media de enunciados por parágrafo1.40

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos nosos días, o consumismo é algo totalmente esencial, xa non se concibe a idea antiga de: se queres algo tes que producilo ti mesmo.

Primeiramente, o ser humano é era produtor por natureza, pero agora é mais consumidor. Xeralmente, cada persoa especialízase na produción dun único ben ou servizo e merca o resto que lle fai falta.

Na economía mundial existen diversos tipos de productor, polo que xa non acostuma a ser o humilde propietario local o que acapara toda a venda dun produto nunha zona, agora ten que competir con outras empresas, como as multinacionais. As multinacionais, xeralmente, venden unha calidade moi inferior ca as tendas locais a prezos moito mais baratos, polo que a pequena tenda, xeralmente, non pode sp soportar a presión.

O consumidor moderno diferénciase do antigo polo enorme número de opcións que ten que ter en conta á hora de decidir comprar: o prezo, a calidade, etc. e xustamente ese é o problema, moitas veces hai tantas opcións ao mesmo tempo que rematas por mercar mais do que precisas.

En conclusión, hoxe en día, a oferta é tan grande que os consumidores se ven influenciados polos prezos, provocando o cese da actividade de moitos pequenos comerciantes. produtores.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra