GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0499

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/34

Comisión Delegada13
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na actualidade no noso país, a gran maioría da poboación por non dicir o 99% da poboación vive dentro dos márxenes do consumismo ou da sociedade de consumo e capitalista.

unha parte moi pequeña da poboación intenta levar unha vida o máis alexada posible deste modelo de vida, intenta aplicar a autosuficiencia e o desarrollo sostible, producindo única e exclusivamente o que vai consumir, co menor número de residuos.

No modo de vida convencional, estamos acostumados a mercar un montón de produtos, tanto de alimentación como de textiles ou mobles sen pararnos a pensar o que necesitamos realmente ou sen intentar reutilizar ou reciclar os produtos.

É ben certo que somos moitísimas persoas para abastecer, e que non queda outra que producir gran cantidade de produtos, pero tamén se xeran moitos residuos, por exemplo, cada día nos supermercados españois se tiran kilos e kilos de comida que podería ser utilizada por comedores sociais, que aínda que caduque en un día o producto, coa cantidade de xente que acude a estos sitios, case seguro que o cociñan e o comen antes de que caduque.

Ademais, existe outra cuestión e é que por modas, por capricho, mercamos máis cousas das que precisamos, que logo acumulamos e que chega un momento no que nos decatamos de que realmente foi un gasto inútil do diñeiro que non está, nestes tempos precisamente, para despilfarrar.

En conclusión, todos deberiamos de facer un esforzo para consumir o que nos fai falta de verdade e intentar non xerar tanta cantidade de residuos producindo de máis ou non reciclando, hai que comezar a reutilizar!


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra