GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0502

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/37

Comisión Delegada13
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día tódolos tipos de persoa consumimos, igual a idade, a procedencia ou a ideoloxía; precisamos mercar para vivir.

É por iso mesmo polo que tamén precisamos producir porque senón non teriamos onde ou que mercar.

Persoalmente, penso que a sociedade na que vivimos é excesivamente consumista: temos unhas botas altas, unhas baixas, unhas para cando chove, unhas deportivas para correr, outras para saír dar un paseo... e de verdade precisamos tanto?

Eu xa sei a resposta, pero tamén son culpábel porque fago exactamente iso.

O peor de todo non é que sexa excesivamente consumista, senón que para abastecer as nosas necesidades alguén ten que producir eses bens e, moitas veces, fano por moito menos do que realmente lles terían que pagar.

Ese é o caso de INDITEX, por exemplo, na que os seus traballadores non sempre gañan o que deben (aínda que eles d os directores digan todo o contrario).

Así que eu penso que os consumidores deberiamos apoiar máis ás pequenas empresas do noso país, que, aínda que non sexan tan baratos, e a sociedade de consumo é unha cadea, e se un cae, caeímos todos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra