GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0503

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/38

Comisión Delegada13
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A sociedade actual podería definirse como unha sociedade consumista, onde, a parte de consumir o que necesitamos, tamén consumimos o que non necesitamos. É unha sociedade na que a vida media dun produto non é de moito máis de 2 anos se hai sorte, e onde, queramos ou non, temos a necesidade de mercar para sobrevivir.

Pero, se a sociedade merca tanto e o sector terciario está tan desenvolvido, por que o sector primario corre tanto perigo e vive tan mal?

É aquí onde entran en xogo as grandes empresas e os grandes monopolios. Por exemplo, no caso do leite un granxeiro non é o que vai ao mercado a vender o seu produto e moito menos aos grandes supermercados. Hai empresas intermediarias que se encargan de recoller o leite que producen as pequenas granxas, embotellalo e posteriormente vendelo. Esta cadea non é así no caso do leite, as empresas son intermediarias, e é aquí onde está o fallo. O que o consumidor paga vai na súa maior parte a manter a estas empresas e a axudalas a seguir co seu monopolio.

As grandes empresas crecen máis e os pequenos traballadores cada vez gañan menos e traballan máis. Pero esto non é un problema para o que non haxa solución. Nós podemos axudar mercando os produtos marcados como "produtos de mercado xusto" ou intentando informarnos, por exemplo, sobre as condicións dos traballadores de certas marcas e mercando aquelas marcas coas que estemos de acordo e axuden a que as desigualdades diminúan.

A idea do mercado xusto é algo moi complicado de lograr hoxe en día, onde as grandes empresas e os cartos o controlan todo, pero non é unha idea imposible.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt