GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0504

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/39

Comisión Delegada13
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É lóxico que a xente busque pagar o menos posible, pero se a ninguén lle importa os orixes do que compra merca, o cal é o normal, os propietarios dos medios de produción baixarán os prezos, ergo pagarán menos aos seus empleados (porque os propietarios non están afeitos a baixarse o soldo ). E a cousa non parece grave, pero se a esaxeramos, poderíamos mercar cousas baratísimas con tal de que os produtores non cobraran.

En teoría, se avogamos pola xustiza e os dereitos laborais, deberíamos saber o que mercamos. Sobre todo porque a precarización laboral é un proceso que se retroalimenta, e aínda que nós non produzamos nada pode chegar a afectarnos. Non son un experto en economía, nin en liberalismo nin en comunismo, pero sei que, salvando as distancias, pagar por algo creado desta maneira "inxusta" e coma se non pagáramos impostos. Claro, facer o primeiro é legal e o segundo non, pero as dúas son amorais se somos seres reflexivos.

Xa obviando a economía e o civismo, o consumismo exacerbado cambiou a nosa sociedade e a nosa cultura. Porque sexa novo, ou caro, ou popular , non ten poro que ser mellor. E moitos podemos chegar a esta conclusión, pero poucos poden levala á práctica. Nun sistema económico capitalista, un individuo non ten unha liberdade maior que cando decide que comprar. E se non pensamos o que compramos, non hai liberdade ningunha.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra