GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0507

ABAU/2016-2017/CD14/xuño/02

Comisión Delegada14
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Unha das máis recentes modas da actualidade que vai gañando terreo por enriba doutros é o mundo da culinaria. Hoxe en día está a gañar moito prestixio e recoñecemento e sobre todo popularidade.

Unha das causas principais é o aumento da calidade dos produtos grazas ás tecnicas de cultivo, alimentación do gando e novas técnicas pesqueiras que provocan menos desperdicios e menos restos que en anos atrais. Os novos avances tecnolóxicos en canto a alimentación como os alimentos tranxénicos teñen dobre cara. Un sector a favor deles sostén que fomenta a variabilidade do sabor, color, olor e das propiedades dos produtos. Porén outra gran parte rexéitaos por causa do descoñecemento sobre as patoloxías que poidan orixinar no ser humano.

Outra causa desta gran popularidade é a difusión a través de medios de comunicación como programas de radio, programas televisivos nos que ben nos ensinan a cociñar (Carlos Arguiñano) como nos que se compite por un premio (Master Chef) ata chegar a canales de crítica de cociña no que se denuncian os aspectos máis desagradables do mundo da gastronomía (Top Chef). Este auxe e popularismo pola culinaria é unha nova forma de entreter a xente e sobre todo pode ser un gran medio para fomentar as mformas de vida (evitando así os casos de obesidade da actualidade).

Poida que teña un carácter pasaxeiro, pero na miña opinión vai durar bastantes anos debido ao mundo no que vivimos, xa que coa globaclización moitos países están conectados en todos os ámbictos incluido o da gastronomía.

Por iso conclúo con que a cociña e a gastronomía van seguir influindo nas novas formas de vida, ben a nivel profesional ou como pasatempos e creo que vai poder unir culturas entre si e establecer enlaces e pontes internacionais (mestura da comida asiática coa musulmana por exemplo).


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra