GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0508

ABAU/2016-2017/CD14/xuño/03

Comisión Delegada14
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía é, a día de hoxe, un dos sectores máis modernos e comentados a nivel social. A todos nos gusta sentarnos arredor da mesa para disfrutar do xantar pero, na actualidade, iso non é suficiente.

Os ovos fritos con chourizo e patacas fritidas pasaron de moda, agora é mellor comer unha redución de ovo de calquera animal que descoñezamos con esencia de chourizo bañado nunha emulsión de pataca ás herbas finas. O nome do prato é longo , pero que tal de sabor? A gastronomía nos tempos que corren é unha moda máis da que todos vamos detrás.

Facemos calquera cousa por reservar neses restaurantes estrela de "chefs" que poderían formar xa ata constelacións, esperamos meses para que chegue o día, ese no que disfrutarás ou, mellor dito adorarás un pequeno prato composto de palabras extrañas e exóticas polas que pagaras unha inxente cantidade de diñeiro.

Penso que este novo fenómeno chegou para quedarse, para ter entretida á sociedade mentras xoga ca comida, para poder facerse notar entre os compañeiros de traballo ou os veciños do barrio, para ser; outro capricho máis.

Está claro que cando de comida se fala, todos queremos calidade pero, esa calidade ás veces está nos ovos das galiñas que alimentan os avós na casa da aldea, o chourizo da matanza do ano anterior e as patacas da señora que sempre se atopa na esquina do mercado dos mércores. Gastronomía, de cinco estrelas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt