GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0510

ABAU/2016-2017/CD14/xuño/05

Comisión Delegada14
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía e a cociña é unha das principais características du lugar, polo que, se se expande e á xente lle gusta, pode ter beneficios para ese lugar.

A gastronomía é parte da cultura dun lugar, e grazas á globalización pode atraer xente doutros lugares, e axudar a expandir esa cultura do país. Na maioría dos casos, pode resultar exótico, xa que a cociña dun país elabora os seus pratos con ingredientes propios do país e que probablemente non se atopen nos demais, cousa que atrae á xente que quere experimentar cos sabores.

Pero tamén, deste xeito, pode ser unha moda pasaxeira, unha vez que todo o mundo o proba e cansa del. Poño por caso a situación do sushi. Ao principio era unha innovación na forma en que se elabora o peixe, pero unha vez que todo o mundo o proba, so uns poucos o comen unha vez ao mes. Por iso, se hoxe en día vas a calquera cidade, poderas atopar calquera tipo de restaurante, pero probablemente o que máis fama ou clientela teña será o que trata elabora pratos propios da súa cultura, xa que é unha parte de cada un, é e é unha forma de sentirse coma na casa.

En resumo, a gastronomía e a cociña forman parte da cultura dun lugar, e unha vez que se expande pode ser unha moda ou perdurar.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt