GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0514

ABAU/2016-2017/CD14/xuño/09

Comisión Delegada14
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente, a gastronomía acadou un rango considerable na sociedade. Creo que unha das principais causas é o valor que se lle está dando nos medios de comunicacións. Non hai máis que poñer a televisión ao mediodía para ver algún programa de recetas de cociña.

Ademais, tamén é posible que este ámbito crezca debido á maior implicación da sociedade, quero dicir, antigamente cociñaban as mulleres, e facían comidas típicas. Agora, cociñan tamén os homes e os rapaces e faise de maneira máis innovadora.

Estou segura de que calquera dos nosos pais ou nais se puxeron algunha vez a buscar en internet cómo facer unha receta.

Por iso, tamén ten boa parte da culpa os avances tecnolóxicos xa que podemos buscar todo tipo de elaboracións gastronómicas.

Outra das razóns pode ser simplemente unha motivación propia. Agora hai moitos programas televisivos que ofrecen premios ao gañador do concurso, por ser o mellor cociñeiro, e isto impulsa a simples afecionados da cociña a crecer gastronómicamente.

Non sei, a dicir verdade, se isto será unha moda pasaxeira ou realmente permanecerá durante moito tempo, pero paréceme agradable que ámbitos como este, comecen a recibir a valoración que se merecen, malia que sexa pouco a pouco.

O que é seguro é que mentras que produzca cartos e obteña beneficios, esta popularidade vai durar bastante.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt