GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0516

ABAU/2016-2017/CD14/xuño/11

Comisión Delegada14
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Como ben explica o autor, a produción e o consumo son ciclos moi importantes na nosa vida. Necesitamos producir para poder obter cartos e con eles consumir, ben sexa en coches, alimentos...

Pola contra necesitamos consumir para poder sobrevivir. Certamente podemos reducir o que consumimos sen que nos pase nada malo, podémolo facer para, por exemplo, como facía no texto Susa para aforrar, ou por outros moitos motivos, como poden ser para evitar o gasto innecesario de múltiples produtos, mal omnipresente na nosa sociedade actual.

Debido á nosa imposibilidade para producir durante toda a vida, creáronse mecanismos para asegurar a supervivencia digna das persoas que non poden traballar, por exemplo o Sistema da Seguridade Social, aparte de encargarse dos tratamentos médicos da xente, tamén traballa en pagar as pensións, que son pagamentos que se fan a persoas que por diversos motivos non poden traballar, é dicir, producir, tanto persoas maiores tanto persoas con eibas físicas.

Tamén é salientable un fenómeno como que ao prepararnos durante pequenos e adolescentes para traballar, tamén estamos facendo consecuentemente para producir, limitando a nosa vida a tres etapas: prepararse para producir, producir (idade laboral), e non poder producir xa mais.

En conclusión, os ciclos de produción e consumo marcan a nosa vida na sociedade actual de forma determinante, toda a nosa vida estamos condicionados a eles.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt