GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0521

ABAU/2016-2017/CD14/xuño/16

Comisión Delegada14
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A sociedade española deu unha importante viraxe no que respecta á economía e ás condicións de vida. Botando a vista a uns anos atrás, o predominante na sociedade era consumir por supervivencia.

Hoxe en día, o consumismo pode chegar a ser un problema para certas persoas. Sen irnos a casos fóra do común, observamos que non os adultos, senón que cada vez máis rapaces e nenos están a aprender das malas costumes herdadas.

Todos se merecen algunha satisfacción neste mundo, mais é considerable aprender a controlar. Cada vez máis adultos derrochan cartos, por exemplo, no estilismo persoal. Ademais, edúcase á xente nova para iso. Refírome a regalarlles aparatos electrónicos, xogos de ordenador... En moitos casos, sen merecelo. Ao meu parecer, isto influe na súa educación, no sentido de que consideran que na vida as cousas veñen por si soas en lugar de alcanzalas con esforzo e dedicación.

Definitivamente, o consumismo está a ser moi común entre a poboación, provocando a falta de importancia da loita polos soños.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt