GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0533

ABAU/2016-2017/CD15/xuño/06

Comisión Delegada15
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos a gastronomía e a cociña acadaron moita popularide. Por que? Por que a todo o mundo lle gusta comer? Non. Non é solo por iso, detrás dunha sinxela comida que che poñen nun restaurante hai moitísimo estudo, horas de traballo e dedicación. Dende o meu punto de vista, este campo foi gañando moitísima importancia cos anos e pode ser considerado como unha moda pasaxeira ou como un cambio cultural máis duradeiro. Quizais a gran importancia que gañou débese a que a xente comezou a darse conta da beleza de cada prato, tendo en conta que facer algúns non é nada fácil.

Para algunhas persoas é unha moda pasaxeira por moitos aspectos. Moitos compran libros de cociña, onde todo ben dado (os ingredientes, os pasos...) e limítanse a seguir eses pasos, sen innovar e a verdadeira beleza da gastronomía está en innovar. Cando rematan de cociñar xa consideran que crearon unha verdadeira delicia cando pode darse o caso de que o que lle parece tan extraordinario sexa un pouco pobre dende o punto de vista dun verdadeiro crítico gastronómico. Este repentino gusto pola cociña por seguir os imperactivos sociais tamén está causado, en certa medida, polos programas de cociña.

Para outras persoas, as que verdadeiramente se dedican a iso ou para as que non siguen imperactivos sociais, a gastronomía si que é un verdadeiro cambio social, que implica moitos anos de preparación e moita práctica para chegar a ser alguén ao que se lle recoñeza por elo. A profunda influenza e a clara consideración da gastronomía como arte é claramente perceptible porque incluso existen premios únicos e exclusivos para eso. Na miña opinión, perceptible ao longo de todo o texto, a gastronomía merece tanto recoñecemento como arte como outra calquera, porque iso é o que é, e por todo o traballo e o mérito que ten detrás.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt