GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0537

ABAU/2016-2017/CD15/xuño/10

Comisión Delegada15
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente podemos apreciar nos periódicos ou telediarios que a cociña e a gastronomía foron gañando forza e prestixio.

É interesante coñecer e documentarnos máis acerca do mundo da cociña xa que é bo saber que comemos e se é ou non saudable para o noso corpo e por conseguinte a nosa mente. Isto pódese observar en diversos programas de cociña televisados, nos que se desmonta todo o proceso desde o que o alimento chega á cociña ata que este sae a cada mesa e chega aos clientes, un xurado moi estricto.

Tamén temos que ter en conta do que se emite en cada programa xa que algúns pódennos estar manipulando e non transmitirnos a verdade ben esaxerando ou ben ocultándo sucesos feitos ao seu favor. A gastronomía e a cociña medran cada vez máis e isto é favorable para nós e para a nosa saúde, os pratos teñen que ter un mínimo de calidade e ser seguros, xa que moitos restaurantes optan por comprar alimentos que non están en bo estado xustificando e conseguindo así un baixo prezo.

A nosa sociedade adoita menospreciar o mundo da cociña cando en realidade este mundo é un dos máis complexos e perfeccionistas que hai. A gastronomía non é unha moda pasaxeira senón un cambio cultural duradeiro, pero a boa cociña ten que estar feita con "amor", isto é, ten que che gustar o que estás facendo (cociñar...) xa que un dos grandes problemas da nosa sociedade actual é que facemos as cousas única e exclusivamente polo diñeiro non por estar facendo algo que nos complete como persoas e nos faga sentir autorrealizados.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt