GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0558

ABAU/2016-2017/CD16/xuño/05

Comisión Delegada16
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É certo que nos últimos anos a gastronomía acadou moita popularidade, concedendo premios importantes (como o son as Estrelas Michelin), montando restaurantes de luxo, etc. Isto fai que a nosa gra gastronomía mellore e acade máis importancia, mais pese a isto, tamén ten os seus aspectos negativos.

Na miña opinión, o que comezou sendo como unha moda pasaxeira, acabouse convertendo nun dos puntos máis destacados do noso día a día.

O que antes se dedicaba a cociñar, pratos típicos, tradicionais... vamos, os de toda a vida, agora dedícase a experimentar con ela como se de unha rata de laboratorio se tratase. Con cousas como por exemplo o nitróxeno líquido, ou novas técnicas culinarias con nomes complexos de pronunciar.

E moitos deses pratos funcionan. Gustan, acadan un gran prestixio, e é algo determinante para gañar o xa citado anteriormente, a tan prestixiosa Estrela Michelin. Fai que quen a gaña se encha de orgullo e satisfación por realizar un bo traballo e saber que gustou (ademais de encher os bolsillos de cartos, claro).

A cociña é coma todo na vida, vai evolucionando a medida que pasa o tempo.

Mais isto conleva tamén a aspectos negativos, como son o encarecemento dos pratos a niveis nos que os pode pagar alguén con moitos cartos.

Pódese entender que esa persoa e o seu restaurante teñan certo prestixio, pero deberían considerar que non todo o mundo ó que lle gustaría probar eses platos pode pagar semexantes prezos. É unha loucura.

E ben se es un dos afortunados, outro aspecto negativo e a "cola" que tes que esperar para poder comer . Débese a todas as reservas que xa hai, polo que con sorte, mínimo tócache esperar 6 meses para poder ir. Para que ó final non acabe resultando, pois a espera ou non valeu a pena, ou ben a cantidade ou a satisfación non foi a mellor.

Polo tanto, ambas cociñas están ben e sabén ben, tanto a tradicional como a máis innovadora, mais no meu gusto prefiro a tradicional. É máis abondosa (en cantidade) e leva outro toque que a innovadora non ten. , a ecociña evoluciona e seguirá evolucionando, mais pese a todo isto, a mellor é a de toda a vida. Para min, esta evolución na cociña non é innecesaria.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt