GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0560

ABAU/2016-2017/CD16/xuño/07

Comisión Delegada16
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O fenómeno actual da cociña e da gastronomía vén sendo algo recurrente nos últimos anos. Tempo atrás a cociña era soamente concebida coa función de alimentar as bocas dunha familia, pero por diversos motivos foi cambiando de función. Un deles é a mellora dos instrumentos. Fronte os antigos cubertos ou culleres, hoxe en día hai elementos tan innovadores como fornos capaces de quentar a altas temperaturas ou refrixeradores que empregan gases non-convencionais. A existencia de ditos instrumentos permite concebir a cociña cunha función máis lúdica. Outro dos factores é a mellora nos tratamentos dos alimentos. Antes, produtos como a carne ou o pescado eran postos na mesa case despois de ser obtidos, pero nos nosos tempos existen importantes controis de calidade que fan da cociña un ámbito máis protexido e polo tanto susceptible de admitir innovacións.

Ao lado de ditas innovacións están tamen os cursos de cociña, que permiten que a xente experimente cos alimentos e sexa capaz de crear os seus propios pratos. Estes permiten que a imaxinación se plasme sobre a comida, cousa que fai tempo era imposible.

Todos estes factores fan da cociña e da gastronomía un ámbito moi atractivo, cada vez hai máis restaurantes nos que a innovación e a novidade están á orde do día, pero polo ben da sociedade isto debería ser unha moda. Malia que a calidade dos alimentos é cada vez maior, a cantidade é xusto o contrario. Non pode ser que haxa restaurantes nos que pagando vinte euros comas ben e noutros por ese diñeiro non teñas nin para empezar. Ademais, a crítica gastronómica vai en ocasións demasiado lonxe, criticando e quitándolle valor a pratos que en épocas anteriores serían todo un luxo.

Resumindo, esta moda non pode durar moito máis, xa que se isto segue así necesitaremos tres meses de soldo para comer un día, e ademais, a consecuencia directa desta nova cociña é o desperdicio dos alimentos, xa que se tira moita comida en bo estado. Por moitas esferificacións que haxa e pratos minúsculos, nada mellor que unha boa chuleta ou un prato de lentellas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt