GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0561

ABAU/2016-2017/CD16/xuño/08

Comisión Delegada16
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía e a cociña son termos case irmáns, referidos ao mundo da comida, dos restaurantes ou, mesmamente, dos cáterings. Os dous baséanse no obxectivo de acadar o mellor prato ou menú, sumándolle a mellor presentación, o mellor olor e, sobre todo, o mellor sabor. Para iso existen persoas que dedican a súa vida a iso, xa sexa investigando, ensinando ou supervisando (como é o caso dos gastrónomos). Esta industria está dentro da hostelería, e nos últimos anos acadou un crecemento notable aberto a distintas e variopintas opinións e debates.

O cambio cultural é unha causa avalada por case todos, xa que o avance cultural, o crecemento demográfico... son factores que afectan ás industrias cun marxe de innovación, como pode ser a gastronomía ou a cociña. Nos nosos días están de moda os restaurantes con "estrea Michelín", os cales son caracterizados pola súa cociña "minimalista", unha gastronomía máis preocupada pola presentación e menos pola abundancia, xa que presentan pratos con pouca cantidade de comida pero con sabores moi intensos. Hai distintas opinións sobre o surximento desta industria, dende os que pensan que é por cuestións de moda ata os que pensan que é froito dunha forte revolución.

A modo de remate, dende a miña óptica penso que é unha industria que vai ter agora o seu auxe pero que, nun futuro, diminuirá a súa función debido ao esgotamento da innovación.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt