GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0563

ABAU/2016-2017/CD16/xuño/10

Comisión Delegada16
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na actualidade vivimos nun mundo no que a gastronomía e o mundo da cociña acadaron unha enorme popularidade. Tanto é así, que entregan premios por elaborar determinados pratos, publícanse libros, aparecen novos programas televisivos adicados exclusivamente á cociña... No pasado, porén, isto non era así. Antes cociñábase para sobrevivir, conseguindo alimento principalmente no campo, en concreto Galicia, comunidade ruralizada xa fai moitos anos. É nesta ollada ao pasado onde se aprecian mellor ás diferenzas no mundo gastronómico pasado e actual.

O poderoso mundo tecnolóxico ten moito que ver neste asunto alimentario. Vivimos nunha sociedade na que todo se colga nas redes sociais, e na que os xa máis que coñecidos "influencers" condicionan dalgunha maneira as nosas vidas. É por iso, que a gastronomía acada máis e máis popularidade, porque as persoas populares que frecuentan certos restaurantes publícano nas suas redes invitando así ao resto do mundo a acudir. Está claro que dende un principio o mundo da cociña aporta outras populares vantaxes e que o mencionado anteriormente non é mais que un factor de axuda para garantir a sua popularidade. A gastronomia axuda a coñecer mellor un lugar, as suas costumes, os seus propios alimentos... Cando unha cidade un país ten unha moi boa e recomendable gastronomía achega un maior número de turistas, algo máis que favorable para a economía dun país. Ben, pois cando algo gusta, unhas persoas transpásanllo oralmente a outras, por iso agora cas redes e co internet o proceso faise máis doado e rápido, proporcionándolle á gastronomía maior prestixio, o cal non parece quedarse nunha simple "moda pasaxeira".

Baixo a miña óptica, o factor tecnolóxico é máis que importante e decisivo nesta actual popularidade que acada a gastronomía. En todos os lugares a gastronomía debe ser entendida coma elemento esencial para o verdadeiro coñecemento do lugar en cuestión. Por iso, hai algo mellor que as novas tecnoloxías para potencialo?


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt