GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0568

ABAU/2016-2017/CD16/xuño/15

Comisión Delegada16
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

No século XX xa se comezou a xeneralizar a sociedade de consumición coa aparición dos grandes supermercados e as rúas comerciais. Este fenómeno foi evolucionando, e agora no século XXI está presente non nas cidades, senón na xente. A orientación capitalista e o desexo de ter cousas fai que ano tras ano, as vendtas e as consumicións cren aumento a ritmos moi rápidos.

Vivimos nunha sociedade onde o máis importante é o diñeiro. As empresas queren vender e a xente necesita ter cousas. Esta mestura unida ao bombardeo continuo de publicidade fai que compremos todas as semanas. É por iso que o consumismo se fixo de vital relevancia nas vidas diarias das persoas. Non pola necesidade de supervivencia, senón polo prestixio social que che pode dar posuír unha ou outra cousa.

Baixo a miña óptica, é imposible desprendernos do consumismo e a produtividade. Os dous enlazados entre si fan que funcionen as economías e as sociedades actuais. Non concibo un mundo onde non sexa necesario mercar. O diñeiro move o mundo e o mundo quere ter máis, producir máis, polo que moi probablemente, as ventas e as compras aumentarán no futuro cercano.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt