GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0577

ABAU/2016-2017/CD17/xuño/02

Comisión Delegada17
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O ser humano chegou a un po punto da evolución de tal riqueza e complexidade, que é capaz de xerar gran diversidade de formas artísticas para calquera tipo de público. Na actualidade, unha das máis famosas e aceptadas é a culinaria, plenamente integrada na sociedade.

Aínda que existen prestixiosos restaurantes que incorporaron esta modalidade hai tempo, practicada polos mellores cociñeiros, deuse a coñecer abertamente cos primeiros programas e concursos de talentos de cociña xunto cos libros de receitas dos máis recoñecidos chefs, sendo practicada por calquera amante desta modalidade no seu fogar., o que supuxo a súa potenciación. A gastronomía e a cociña moderna contan cunha serie de elementos ao seu favor. Por unha parte presenta un gran avbano de posibilidades, con alimentos de todo tipo e fusión de tradición e modernidade ou de cultura oriental e occidental. Unha mostra disto é o auxe das viaxes e tours gastronómicos, co que se favorece ao turismo, como por exemplo en Galicia, ao ter moitas denominacións de orixe en produtos da terra. Por outra parte constitúe unha forma de arte que ofrece ao cliente a posibilidade de experimentar e xogar co o sentido do gusto e olfato, rompendo co concepto de comer para vivir.

Pola contra, o seu custo é elevado, de maneira que podería tratarse dunha simple moda pasaxeira para a maioría da poboación, coa excepción da élite de maior poder adquisitivo, que podería seguir disfrutando dela de forma máis duradeira, competindo coas tradicionais pintura, escultura, música e danza.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt