GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0587

ABAU/2016-2017/CD17/xuño/12

Comisión Delegada17
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos últimos anos a cociña e mais a gastronomía acadaron moita popularidade, na miña opinión isto débese a unha moda pasaxeira, pois se fose un cambio cultural máis duradeiro este proceso iría aos poucos, é dicir, non de repente todo o mundo comezaría no mundo da gastronomía.

As principais causas poden ser a multitude de programas de cociña que hai na televisión, incluso para os rapaces.

Poñamos o exemplo de Master Chef.,, nenos pequenos cociñando pratos que moitos adultos non saben nin preparar. Está ben que se a un neno lle gusta cociñar que o faga, pero o problema ven cando son os pais os que queren que os fillos acudan a eses programas, nos que ademais de aprender sobre a gastronomía, aprenden tamén a competir, e competir ata certo punto está ben, pero hai veces nos que se exceden límites.

Non me parece medio normal que os nenos ou adolescentes se frustren por "perder" nun concurso de cociña, pois o importante é participar e ter aprendido o que che gusta. pero

Agora ben, no caso de que fose un cambio cultural máis duradeiro non nos viría nada mal, pois aprender sobre a gastronomía ten que ser algo estupendo pois axudache a coñecer moitas culturas e a miralas dende unha perspectiva diferente.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt