GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0597

ABAU/2016-2017/CD17/xuño/22

Comisión Delegada17
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A nosa sociedade capitalista baséase practicamente no consumo e na produción. O máis importante é ter os mellores resultados ó menor prezo, sen importar as consecuencias ou o ámbito no que esta idea sexa aplicada.

Así pois, vemos sistemas educativos baseados en aprender linguas estranxeiras e moitas matemáticas, deixando sempre as artes de lado. E eses mesmos sistemas o que pretenden non é formar bos cidadáns nin persoas de bos valores, senón que intenta crear novos traballadores que produzan e consoman, para que logo poidan vir outros e seguir coa cadea produtiva.

Tamén vemos que é máis importante comprar roupa e electrodomésticos a un prezo barato que que non haxa escravitude infantil, e que a pesar de que miles de estudios demostran que as dietas vexetarianas son saudáabeis preferimos ter centos de porcos vivindo en estados lamentables para ter o xamón na mesa, máis cómodo que unha ensalada.

E, xa non é o dano que se lle fai ós nenos, ós animais ou ós estudantes mal formadas. Senón que ademais esa sociedade está baseada na pura competitividade e na supervivencia do máis forte, provocando distensións entre os cidadáns e sentimentos de culpabilidade se (a pesar dunha suposta igualdade de oportunidades) non conseguimos ser ricos como Amancio Ortega.

Así que, si efectivamente, o consumo e a produción son moi importantes na nosa sociedade, pero h a ver se abrimos os ollos e facemos que o sexan un pouco menos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt