GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0598

ABAU/2016-2017/CD17/xuño/23

Comisión Delegada17
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día estamos e vivimos nunha sociedade totalmente consumista, ninguén o pode negar. A produción masiva e, por conseguinte, o consumo masivo son unha tónica nestes novos tempos e isto ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Non é ouro todo o que reloce e neste tema hai que ver ámbalas dúas caras da moneda.

Ben é certo que os avances tecnolóxicos permitiron un aumento da produción e da produtividade en escalas moi elevadas, e que iso mesmo nos permite dispor de calquera produto en canto nós mesmos o desexemos. Este aspecto tamén fixo que os postos de traballo aumentasen considerablemente debido á elevada demanda do mercado. Pero non todo son vantaxes, senón que existen infinidade de puntos negativos. A produción en masa foi a causante da aparición da chamada "obsolescencia programada", é dicir, a vida útil dos produtos é limitada, e ademais a súa calidade é máis reducida. O ánimo de lucro e a avaricia das grandes empresas dominan o mercado con produtos aos que as pequenas empresas non poden facer fronte, pese a ofrecer unha maior calidade, xa que as grandes superficies abaratan custos de produción coas economías de escala, a deslocalización ( famosos ERE) etc., e polo tanto os prezos que ofrecen non teñen competencia.

Precisamente a deslocalización é moi habitual actualmente: as grandes empresas trasladan os seus centros de produción a países onde poden abaratar custos, xeralmente Estados Subdesenvolvidos, mediante salarios ínfimos, impostos practicamente nulos, a non existencia de lexislación laboral etc. Polo tanto, os traballadores locais moitas veces son perxudicados por esta medida.

Para concluir e rematar, dicir que hai que aproveitar todo o bo desta sociedade de consumo, pero sempre regulando dende a Administración Pública con medidas que fomenten o crecemento da pequena empresa, que impulsen os produtos enxebres da nosa terra e que sosteñan o emprego dos cidadáns locais para que todos poidamos desfrutar de tantos e marabillosos avances.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt